Programación do Martes de Entroido en Ourense

OurenseXa
Haberá reparto gratuíto de orellas de Entroido na Praza Maior e a actuación da orquestra América, entre outras actividades
entroido-ourense
4 Mar 2025

O Entroido de Ourense encara a súa recta final este martes, 4 de marzo, nunha xornada na que haberá música e o tradicional reparto gratuíto de orellas de Entroido na Praza Maior e Bispo Cesáreo.

A xornada arrancará ás 12.00 horas con pasarrúas a cargo das charangas Lou Band, Caña Aquí e Tatoo. As 17.30 horas haberá unha festa infantil na Praza de Santa Eufemia con maquillaxe e o concerto de El Legado del Tibu, e ás 18.30 horas volverán a saír os pasarrúas que, neste caso, estarán a cargo de Los Caliqueños, Trópico de Grelos e CLK. Á mesma hora terá lugar o reparto de orellas de Entroido na Praza Maior e Bispo Ceáreo e ás 19.00 a orquestra América poñerá o broche de ouro á xornada na rúa do Progreso.

⚙ Configurar cookies
0.77434015274048