Quintela de Leirado celebrará unha pool party de balde este sábado

Quintela de Leirado celebrará este sábado 22 de agosto unha pool party que comezará ás 16.00 horas con entrada totalmente de balde.
A xornada contará con música, xogos para os asistentes e unha mesa doce con lambetadas e chuches. Os máis pequenos poderán gozar tamén de inchables instalados para a ocasión.
Como remate da tarde, a organización programou unha festa da escuma que pechará o evento.
A cita é de acceso libre, polo que non será necesaria inscrición previa nin pago de entrada para participar en ningunha das actividades programadas.