Quintela de Leirado organiza un curso sobre plantas medicinais os días 14 e 21 de outubro

O Concello de Quintela de Leirado organiza un curso dedicado ás herbas medicinais que se desenvolverá en dúas xornadas, os días 14 e 21 de outubro, en horario de 16.30 a 19.00 horas.
A iniciativa busca achegar aos veciños o coñecemento tradicional sobre o uso de plantas con fins terapéuticos, unha práctica ligada á cultura popular do rural galego.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do propio Concello de Quintela de Leirado, ben de forma presencial ou chamando ao teléfono 988 49 35 00.
O curso está organizado pola Mancomunidade Terra de Celanova, coa colaboración do programa 'Xacobeo 2027' e a Xunta de Galicia, e conta coa cofinanciación de fondos europeos da Unión Europea.