Reábrese en Ourense o tráfico no cruzamento das rúas Bedoya, San Lázaro e Santo Domingo o vindeiro luns

O cruzamento formado polas rúas Bedoya, Parque de San Lázaro e Santo Domingo, en Ourense, volverá abrirse á circulación o vindeiro luns 7 de setembro a partir das 11.00 horas, unha vez rematen os traballos de mantemento e reparación do pavimento na zona.
A actuación, realizada pola empresa Oreco Balgón SA, consistiu fundamentalmente en volver colocar e fixar varias pedras que se soltaran, co fin de reforzar a seguridade da vía.
Estas tarefas de mantemento enmárcanse dentro do proxecto de pavimentación en pedra e renovación da rede de servizos que afecta ao Parque de San Lázaro, Xaquín Lorenzo, Bedoya (ata Valle Inclán) e Cardenal Quevedo (ata a avenida da Habana). Dado que a obra orixinal aínda se atopa dentro do prazo de garantía, foi a propia empresa adxudicataria a encargada de executar a reparación.