Regresa a Andaina Nocturna de Nogueira de Ramuín para celebrar a noite de San Xoán

RibeiraSacraXa | OurenseXa
As inscricións permanecerán abertas ata o 19 de xuño
andaina-nocturna-nogueira
24 May 2026

O Concello de Nogueira de Ramuín organiza a XII Andaiñada Nocturna, unha camiñada non competitiva que se celebrará o martes 23 de xuño de 2026 polas terras do municipio.

A saída terá lugar desde a Praza de Luintra ás 21:45 horas. As persoas participantes deberán retirar previamente os seus dorsais mediante a presentación do xustificante de ingreso, 30 minutos antes da saída.

A actividade contará cun percorrido de aproximadamente 8 quilómetros, cunha dificultade media-baixa. Ao remate da andaina, os participantes poderán desfrutar dunha sardiñada e churrascada, ademais de fogueira de San Xoán e música, como peche da xornada.

As inscricións permanecerán abertas ata o 19 de xuño e o mesmo día da proba admitiranse novas inscricións sempre que non se complete o límite establecido de 200 participantes.

0.13987684249878