Regresan as actividades deportivas de verán ao encoro de Cachamuíña

O Concello de O Pereiro de Aguiar volverá apostar este verán polas actividades ao aire libre coa posta en marcha dun programa deportivo no encoro dirixido a persoas maiores de 14 anos.
A programación comezará o vindeiro 1 de xullo e incluirá sesións de tai chi os luns, pilates os mércores e ioga os venres. Todas as actividades desenvolveranse en horario de 8:30 a 9:00 horas.
Desde o Concello destacan que esta iniciativa busca fomentar o deporte e o benestar durante os meses de verán nun entorno natural como o encoro.
As actividades serán de balde e as inscricións poderán realizarse a través de WhatsApp no número 698 143 590, indicando o nome e o número de teléfono, ou contactando directamente co monitor no propio encoro.