Remata en Allariz a campaña ‘O Peto dos Desexos’ que repartiu un total de 1.000 euros

OurenseXa
A iniciativa ten como obxectivo fomentar o comercio de proximidade
María López e Cristina Cid
María López e Cristina Cid
8 Jan 2025

O Concello de Allariz realizou hoxe, 8 de xaneiro, o sorteo dos premios da campaña ‘O Peto dos Desexos 2024/2025’. Esta iniciativa vén realizándose nos últimos anos cunha ampla participación.

A Concellería de Promoción Económica foi a encargada de repartir os 2 vales de 250 euros cada un e outros 5 de 100 euros entre os clientes do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron os comprobantes das súas compras de Nadal. As condicións para participar eran facer unha compra mínima de 30 euros, par o que se podían xuntar varios comprobantes, e que esa compra se realizara entre o 5 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025.

As persoas premiadas no Peto dos Desexos de Allariz disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios no comercio local.

A concelleira de Promoción Económica, María López, amosase satisfeita pola alta participación no sorteo do Peto dos Desexos e quere agradecer as compras no comercio de proximidade, porque mercar en Allariz sempre ten premio.

0.17015790939331