Remata unha nova fase dos traballos na Aldea Modelo de Reboredo, en Pereiro de Aguiar

OurenseXa
As obras consistiron na renovación de servizos, así como de pavimento en boa parte do núcleo de Reboredo
Aldea Modelo de Reboredo, Pereiro de Aguiar
Aldea Modelo de Reboredo, Pereiro de Aguiar
10 Jan 2025

A Aldea Modelo de Reboredo, en Pereiro de Aguiar, vén de ser obxecto dunha nova fase de obras de melloras que estiveron centradas na renovación de servizos, así como de pavimento en boa parte do núcleo de poboación. Os traballos, tal e como informa o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, acaban de rematar.

As obras, lembra, foron posibles grazas a unha subvención de máis de 130.000 euros da Xunta de Galicia e, con elas, deuse continuidade ás anteriores fases, nas que xae actuara noutras áreas da aldea. O alcalde lembra que estes traballos anteriores consistiron na instalación de nova iluminación led e placas fotovoltaicas que alimentan a rede de alumeado público facéndoo máis autosuficiente.

“Tamén foi obxecto de actuación neste pobo un obradoiro específico que realizou unha gran labor e mellorou moito a súa situación anterior”, explica o alcalde.

Menor lembra que aínda  queda “traballo por facer, pero a transformación do pobo é innegable, converténdose nun dos que terán mellores servizos gracias á colaboración dos veciños e da Xunta de Galicia, que o declarou Aldea Modelo”.

O alcalde destaca a destacar a actividade gandeira nesta zona, “promovida por gandeiros locais que fan deste lugar un importante núcleo do sector primario no noso municipio”, e agradece que con estes traballos a aldea gañou poboación nos últimos anos e xa está a piques de chegar aos cen veciños, o cal asegura, “acredita a eficacia das medidas levadas a cabo para convertelo nun lugar atractivo”.

0.16012597084045