Rematada a segunda fase da humanización de Suatorre, en Baños de Molgas

OurenseXa
Os traballos contaron cun investimento de preto de 21.000 euros
Suatorre, Baños de Molgas
Suatorre, Baños de Molgas
20 Jan 2025

Baños de Molgas rematou a finais deste ano a segunda fase da humanización de Suatorre, dando así por finalizadas as obras no lugar, que contaron cun investimento de 20.996,8 euros financiados grazas a unha achega da Deputación de Ourense.

Ademais, o Concello vén de rematar tamén as obras de mellora no entorno do forno e lavadoiros de Nocelo grazas a unha subvención do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e tramitada polo GDR Limia-Arnoia, explican dende o goberno municipal.

Ademais, durante o verán, adxudicáronse as obras de mellora de camiños en Alvite, Bouzas, A venda e Xocín cun importe de 35.839 euros, as obras de mellora de camiños municipais en Cardoeiro, Poedo e Baños de Molgas cun importe de 31.572 euros, ambas subvencionadas pola Xunta de Galicia, e a rexeneración de firme en Almoite, Presqueira, Nogueira de Abaixo e San Pedro, cun investimento de 80.000 euros financiado polo plan CooperOU da Deputación de Ourense.

0.16999506950378