Rematan as obras no Parque Infantil de Pereiras, en Taboadela

OurenseXa
As novas instalacións contan un espazo moderno e seguro para os pequenos e pequenas da vila
parque-infantil-taboadela
Parque Infantil de Pereiras, en Taboadela
13 Out 2024

O Concello de Taboadela vén de anunciar o remate das obras do novo parque infantil de Pereiras, un espazo “moderno e seguro” pensado para os pequenos e pequenas da vila.

A actuación, explican desde o Concello, enmárcase no compromiso do goberno municipal de “mellorar os espazos públicos e ofrecer máis oportunidades de lecer para a nosa comunidade”.

As novas instalacións contan con cubertas que protexen do sol e un deseño que invita ao xogo, convertindo o espazo no “lugar perfecto para que as familias de Taboadela pasen grandes momentos xuntos”, aseguran desde o Concello.

0.18877100944519