Ribadavia acolle a presentación do poemario 'Destilación', de Paula R. Bouzas

OurenseXa
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o 14 de agosto a presentación deste poemario, coa presenza de José Luis Chao Rey
presentacion-bouzas-ribadavia
13 Aug 2026

O Museo Etnolóxico de Ribadavia será escenario, o vindeiro 14 de agosto ás 19.30 horas, da presentación do poemario 'Destilación', obra de Paula R. Bouzas.

O acto contará coa presenza de José Luis Chao Rey, encargado de presentar o libro ante o público asistente.

'Destilación' é un poemario no que, segundo describe a propia editorial, a autora transforma a palabra nun espazo onde a vida, o amor e a memoria se entrelazan. Trátase dunha obra marcada por unha gran sensibilidade, que convida á contemplación do esencial e a deixarse atravesar pola poesía.

A cita enmárcase na programación cultural do Museo Etnolóxico de Ribadavia, en colaboración co Xacobeo 2027.

0.16947412490845