Roimelo celebrará o 14 de agosto a XII Subida Nocturna ata San Salvador

A veciñanza de Roimelo, coa colaboración do Concello de Allariz, organiza unha nova edición da Subida Nocturna Roimelo-San Salvador, unha actividade que se consolidou como unha das citas estivais máis tradicionais da parroquia.
A duodécima edición celebrarase o venres 14 de agosto, cunha saída prevista ás 22.00 horas desde a Primeira Fonte de Roimelo.
Ao remate do percorrido, os participantes poderán desfrutar dun avituallamento que incluirá auga, refrescos, bica, chocolate, licor e queimada, nun ambiente de convivencia.
A inscrición ten un custo de tres euros e poderá formalizarse ata o 13 de agosto. As persoas interesadas poden anotarse contactando por chamada ou WhatsApp cos teléfonos facilitados pola organización: 637 099 471 (Carlos) e 604 034 279 (Miguel).
A iniciativa busca fomentar a participación veciñal e ofrecer unha actividade lúdica e deportiva que cada verán reúne a numerosos participantes no entorno natural de Roimelo.