Sae adiante unha moción socialista para a creación de máis hortos urbanos en Ourense

OurenseXa
A moción foi aprobada cos votos a favor de PP e BNG e a abstención de DO
Pleno de setembro do Concello de Ourense
7 sep 2024

O grupo municipal do PSdeG logra aprobar, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención de DO, a súa iniciativa para a creación e xestión de máis hortos urbanos naquelas zonas da cidade con menos espazos verdes ou máis necesidades sociais. “Prantexamos a transformación de Ourense coa creación de novos hortos urbanos en terreos que se puideran identificar como infraempregados. Cremos que melloraría a nosa cidade e que respondería á inquedanza actual da veciñanza, especialmente da mocidade, que hoxe en día se sinte máis implicada co mantemento e coidado do medio ambiente”, expuxo a edil Alba Iglesias.

O texto defendido solicita a posibilidade de que se inclúan estes novos espazos nas políticas e programas de educación ambiental do Concello, colaborando con colexios, institutos e centros de formación profesional e se ofreza o soporte técnico preciso, dende a Administración local, para as e os usuarios. “É crucial que estes hortos sexan ecolóxicos, evitando o uso de insecticidas e herbicidas, especialmente nos que se atopen preto do río, para previr a contaminación da auga e a contorna”, argumentou a socialista sobre a moción.

0.12656307220459