San Cibrao das Viñas acollerá unha xornada de oficios tradicionais centrada en marmeladas e cosmética natural

San Cibrao das Viñas acollerá o vindeiro domingo 25 de outubro unha nova xornada enmarcada na Rede Galega de Oficios Vivos, que terá lugar no Local Social Piscinas de Ponte Noalla e que estará centrada en dúas actividades: a elaboración artesanal de marmeladas e a preparación de produtos de cosmética natural.
Trátase dunha proposta de carácter gratuíto que ten como obxectivo achegar aos participantes a aprendizaxe práctica destes oficios, ademais de propiciar o intercambio de coñecementos e experiencias entre distintas xeracións. A iniciativa pon o foco na posta en valor dos oficios tradicionais, o aproveitamento dos recursos locais e o fomento da sustentabilidade.
A xornada desenvolverase en horario de mañá e de tarde, concretamente de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición nas oficinas municipais ou a través do teléfono 988 381 034. Dende a organización lembran que as prazas son limitadas, polo que animan aos veciños a inscribirse con antelación para asegurar a súa participación.