San Cibrao das Viñas adianta a celebración das letras galegas ao 15 de maio

O Concello organiza unha tarde chea de música e tradición para toda a veciñanza
letras-galegas-san-cibrao
7 May 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas celebrará o vindeiro 15 de maio unha xornada especial para adiantar a conmemoración do Día das Letras Galegas cunha tarde de música, maxia e convivencia na Praza do Concello.

A programación arrancará ás 18.00 horas co espectáculo de maxia familiar “Trangalladas”, a cargo do ilusionista Pablo Estévez, unha proposta pensada para público de todas as idades na que non faltarán o humor, as sorpresas e a participación do público.

A continuación, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto especial protagonizado por Emilio Rúa e Rosa Cedrón, dous recoñecidos artistas galegos que unirán as súas voces nun recital para homenaxear a lingua e a cultura galega.

A celebración rematará cun picoteo gratuíto para todos os asistentes, nun ambiente pensado para compartir e festexar en comunidade esta cita arredor das Letras Galegas.

0.11834716796875