San Cibrao das Viñas avanza no seu compromiso co medioambiente coa colocoación de novos contedores

O Concello está a mellorar o servizo de recollida de residuos para de facilitar á veciñanza a entrega adecuada deses restos que ata o de agora non contaban con recollida específica
novos-contedores-san-cibrao
3 Oct 2024

O Concello de San Cibrao das Viñas avanza no seu compromiso coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente a través do fomento da concienciación social sobre a recollida selectiva de residuos.

Por iso, explican desde o Concello, estase a mellorar o servizo de recollida de residuos co obxectivo de facilitar aos veciños e veciñas a entrega adecuada deses restos que ata o de agora non contaban con recollida específica.

Con este fin, o Concello vén de colocar 3 novos contedores ou puntos limpos de proximidade no municipio, con sete bocas claramente identificadas para diferentes tipos de residuos que, ademais, contarán con paneis informativos para guiarte no correcto desbote.

⚙ Configurar cookies
0.59839391708374