San Cibrao das Viñas impulsa un campamento de praia en Foz para este verán

A actividade, dirixida a mocidade do municipio, desenvolverase entre o 19 e o 26 de xullo con prazas limitadas
campamento-praia-san-cibrao
16 Jun 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas pon en marcha unha nova edición do Campamento de Praia, unha proposta de lecer estival que se celebrará en Foz do 19 ao 26 de xullo.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas nados entre 2008 e 2017 e combina actividades de convivencia, xogos e propostas ao aire libre ao longo dunha semana de estadía na costa.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 19 de xuño e deberá formalizarse exclusivamente a través da web habilitada polo Concello. Para poder participar, será requisito estar empadroado no municipio, xa sexa os menores ou os seus pais ou titores.

Desde a organización advírtese de que as prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición dentro do prazo establecido para asegurar a participación no campamento.

0.14622116088867