San Cibrao das Viñas organiza unha viaxe cultural a Xixón para os días 19 e 20 de setembro

O Concello de San Cibrao das Viñas promove unha nova viaxe cultural que permitirá á veciñanza descubrir Xixón durante os días 19 e 20 de setembro nunha proposta que combina turismo, cultura e convivencia.
A saída está prevista para o sábado 19 de setembro ás 7.00 horas desde a Praza do Concello, iniciando un percorrido de dous días polo norte peninsular.
A actividade está dirixida exclusivamente a persoas empadroadas no municipio maiores de 18 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de agosto, ou ata completar as prazas, e deberá realizarse de forma presencial nas dependencias municipais.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada participante poderá inscribir ata tres acompañantes, sendo obrigatorio presentar o DNI de todas as persoas anotadas no momento de formalizar a solicitude.
O Concello facilitará toda a información relativa á viaxe durante o proceso de inscrición.