San Cibrao das Viñas organizará un curso sobre navegación segura e estafas no móbil

O Concello de San Cibrao das Viñas, a través da Fundación Cibervoluntarios, organizará un curso na biblioteca municipal baixo o título “Navegación e estafas no móbil”.
Trátase dunha formación práctica centrada en mellorar o uso seguro dos teléfonos móbiles, aprender a navegar con maior seguridade, identificar posibles fraudes e protexer os datos persoais no uso cotián da tecnoloxía.
As persoas interesadas poden achegarse á biblioteca municipal para recibir máis información sobre esta actividade.