San Cibrao das Viñas pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos
OurenseXa
Estará activa ata o vindeiro 6 de xaneiro

16 Dec 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas puxo en marcha un ano máis a súa campaña solidaria de recollida de alimentos, co obxectivo de axudar ás familias máis necesitadas nestas datas de celebración.
A campaña estará aberta ata o vindeiro 6 de xaneiro e os alimentos poderán depositarse nos distintos puntos habilitados polo concello: o campo de fútbol de Soutopenedo, o campo de fútbol do Polígono, a Biblioteca Municipal e o Ximnasio Municipal