San Cibrao das Viñas xa ten un club oficial de radiocontrol

San Cibrao das Viñas xa pode presumir de contar cun equipo oficial de Radiocontrol. Trátase do primeiro e único club de toda a provincia nesta modalidade, polo que dende o Concello esperan que se converta “nun punto de encontro para afeccionados e pilotos que buscan desfrutar deste emocionante deporte”.
O equipo foi presentado oficialmente fai unha semana, nun acto ao que acudiron distintos representantes do Concello e onde quedaron postas de novo en funcionamento as pistas de radio control de San Cibrao das Viñas.