San Miguel de Canedo celebra as súas festas con gastronomía, verbenas e actividades infantís

A parroquia de San Miguel de Canedo (Eirasvedras), celebrará as súas festas esta fin de smana cun completo programa de actividades que combina música, tradición e propostas para todas as idades.
Os festexos comezarán este venres 8 de maio ás 21:00 horas cunha cea popular destinada a colaboradores e veciñanza. A xornada continuará cunha verbena amenizada pola orquestra Miramar, que marcará o inicio do ambiente festivo.
O sábado 9 de maio estará centrado nas actividades de lecer e animación. Haberá sesión vermú a cargo do grupo Vaivén e, xa pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase unha festa infantil con escuma e merenda. A programación do día pecharase cunha verbena na que actuarán La Tremenda e novamente Vaivén.
O domingo 10 de maio comezará coa dimensión máis tradicional das festas. Ás 11:45 horas terá lugar unha misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo Redegaita. Posteriormente, ás 13:00 horas, celebrarase a sesión vermú co grupo Trasnos, poñendo o broche final ás celebracións.