Sanny Caster, Elena Setien e Saint Saviour subiranse ao escenario do Teatro Principal de Ourense

OurenseXa
As 'Voces Femeninas' regresan o 22 de novembro ao Teatro Principal
Voces Femennas, Ourense, 2024
13 Nov 2024

'Voces Femeninas' regresa un ano máis a Ourense cun cartel composto por Sanny Caster, Elena Setien e Saint Saviour. As artistas darán un concerto o 22 de novembro ás 20.00 horas no Teatro Principal. Este ano, o festival cumpre 16 anos, con 17 edicións, apostando por talento femenino.

'Voces Femininas' naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo, reivindicando o talento de toda unha xeración de artistas

Sanny

Sanny é o nome artístico tras o que se esconde Sandra Gómez, unha artista viguesa cun pé no Dylan dos primeiros anos e no Bruce Springsteen de Nebrasca e coa vista posta en artistas como Sharon Van Etten ou Phoebe Lou Bridgers.

Curtida na escena musical viguesa e nas noites de micro aberto inglesas, publica en 2019 o seu primeiro EP, Loners Downtown, no que se pode apreciar a influencia da música tradicional americana e de artistas como Elliot Smith ou Bright Eyes.

Nos seus dous seguintes singles, 25 e Bird in a Cage, distánciase do folk máis tradicional e principalmente acústico das súas primeiras composicións para dar paso a melodías máis elaboradas e a unha produción máis coidada.

Elena Setién

A donostiarra Elena Setién é quizais una de artistas máis peculiares do noso país. Formada en música clásica e canto, desenvolveu boa parte da súa carreira en Dinamarca, onde chegou a estar nomeada a 4 grammies daneses de jazz.

Os seus últimos discos publicounos o prestixioso selo norteamericano Thrill Jockey, fogar de propostas musicalmente tan excitantes como as John Paris, Oval, Tortoise ou Mouse on Mars.

As súas cancións son composicións cheas de matices, pequenos relatos que levitan e mergullan ao oínte nun profundo estado de fantasía.

Saint Saviour

Pola súa banda, Becky Jones leva máis de 12 anos marabillando ao mundo co seu proxecto persoal, Saint Saviour, e é colaboradora de Groove Armada, cos que aínda a día de hoxe segue virando.  Acaba de lanzar Sunseeker, o seu cuarto álbum de estudo, un precioso exercicio de pop barroco, influenciado polo nacemento do seu primeiro fillo, e no que volve colaborar, como adoita ser habitual na súa carreira, con Billy Ryder-Jones.

A través dos seus once luminosas cancións a artista británica abandona o existencialismo que dominaba os seus primeiros discos, para mergullarnos nun universo de luz e alegría, un bálsamo contra o cinismo imperante na actualidade.

0.13301420211792