Sarabela Teatro leva a Allariz o seu espectáculo "Made in Galiza"

OurenseXa
A representación terá lugar este domingo ás 20.00 horas da tarde e as entradas serán de balde ata completar o aforo
sarabela_teatro_presenta_made_in_galiza_allariz
Sarabela Teatro presenta en Allariz o espectáculo
7 abr 2024

A compañía ourensá, Arabela Teatro, presenta este domingo en Allariz a súa meza "Made in Galiza".

A cita terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Allariz. As entradas serán de balde ata completar o aforo.

Sinopse

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “Made in Galiza” é un convite á República Independente da nosa  língua. Non imos perdela nin en soños!

A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia  é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da língua galega.