Seis dos mellores ilusionistas do mundo aterrizarán este sábado no Auditorio Municipal de Ourense

OurenseXa
A Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona chega a Ourense co obxectivo de converterse nun referente a nivel nacional
Presentación Galicia Ilusiona 24 en Ourense
Presentación da 'Gran Gala Galicia Ilusiona' en Ourense
1 Out 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán seis dos mellores ilusionistas do mundo: Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia), Mago Murphy (Madrid), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo de 16,60 euros no anfiteatro e de 19,80 euros na platea central e lateral e están á venta na web do Festival (www.galiciailusiona.es).

O delegado territorial destacou que se trata dun evento “que medra cada ano na calidade dos magos e ilusionistas nacionais e internacionais que participan e tamén no público que acode ás funcións”. Neste punto, tivo palabras de agradecemento para os directores do festival, Dani Polo e Pedro Bugarín.

Subliñou Manuel Pardo que a Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

Para o representante do Goberno galego, “temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a elo, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”.

Tamén salientou Manuel Pardo que o éxito alcanzado nas dúas edicións previas con 70.000 espectadores “afianzan un evento que cada ano se consolida na axenda de Galicia como un foco de atracción de visitantes e afeccionados á maxia”. Neste punto, fixo referencia aos 30 países de procedencia do público que acudiu nos últimos anos.

O Festival Galicia Ilusiona

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico, é fundamental potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo,  dar prioridade á igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canóns de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

0.078809022903442