Seixalbo xa ten cartel e programa para o Entroido de 2025
OurenseXa
Arrancará o 23 de febreiro co tradicional Domingo Oleiro

3 Feb 2025
Os veciños e veciñas de Seixalbo prepáranse, un ano máis, para dar a benvida ao Entroido. As celebracións arrancarán o día 23 de febreiro co tradicional Domingo de Oleiro, e continuarán o día 28 co Venres da Rapazada.
O festexos seguirán os días 2 e 4 de marzo, domingo e martes de Entroido, e rematarán co tracional Enterro da Sardiña o Mércores de Cinza.
As actividades están organizadas pola Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo en colaboración co CEIP Seixalbo e o Concello de Ourense.