Sogama envía novas partidas de composteiros domésticos ao concello de Allariz

OurenseXa
Con esta nova dotación, serán 186 os recipientes entregados por Sogama ao ente local
casa_concello_allariz
Casa do Concello de Allariz
21 abr 2024

A petición dos Concellos ourensáns de Allariz e O Carballiño, Sogama remitiu a cada un 50 composteiros co fin de que poidan ampliar os seus respectivos programas de compostaxe doméstica a outras tantas vivendas. Condición indispensable é que estas sexan unifamiliares e dispoñan de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que poder aplicar o compost resultante, pechando desta forma o ciclo de aproveitamento da materia orgánica no propio fogar.

No caso de Allariz, coa nova dotación, serán 186 os recipientes entregados por Sogama ao ente local e, no Carballiño, serán 229, tendo en conta que os 179 anteriores foron subministrados no seu momento no marco de sucesivos convenios subscritos entre a Deputación Provincial de Ourense e esta empresa pública.