Taboadela celebrará a V Noite dos Morcegos cunha sardiñada

OurenseXa
A cita terá lugar este sábado 20 de xuño no bar das piscinas con ambiente festivo e degustación popular
noite-dos-morcegos-taboadela
18 Jun 2026

O Concello de Taboadela prepárase para celebrar unha das súas citas máis populares do inicio do verán: a V edición da Noite dos Morcegos, programada para o 20 de xuño con motivo das festas de San Xoán.

A xornada terá un marcado carácter festivo e de encontro veciñal, cunha sardiñada a partir das 21:00 horas que se desenvolverá no bar das piscinas municipais.

O prezo da tapa de sardiñas será de 1 euro, sen incluír bebida, nunha proposta pensada para favorecer a participación e o ambiente popular desta celebración xa consolidada no calendario local.

Desde a organización anímase á veciñanza a compartir esta noite de convivencia, que busca dar a benvida ao verán mantendo o espírito tradicional das festas de San Xoán.

0.14381694793701