Taboadela organiza un Xantar Popular con motivo VII Semana Cultural

O Concello de Taboadela puxo á venda os tickets para participar no tradicional Xantar Popular da VII Semana Cultural, unha cita que terá lugar o domingo 2 de agosto e que volverá reunir á veciñanza nunha xornada de convivencia e celebración.
O menú estará composto por callos como primeiro prato, paleta de porco ibérico asada, ademais de sobremesa e café.
O prezo da comida será de 20 euros para as persoas adultas e de 10 euros para os nenos.
As entradas poden adquirirse desde o 13 de xullo en distintos puntos do municipio: Bar da Avelina, Ruta 525, Lama de Prado, Bar das Piscinas e nas dependencias do Concello de Taboadela.
O xantar forma parte da programación da VII Semana Cultural de Taboadela, unha iniciativa que combina actividades festivas, culturais e de convivencia e que culminará o 2 de agosto con esta comida popular.