Taboadela renova o Lavadoiro de Outeiro da Mezquita

O Concello de Taboadela vén de rematar os traballos de mellora no lavadoiro de Outeiro da Mezquita.
As actuacións incluíron a restauración do propio lavadoiro, a substitución do muro que rodea o surtidor por un novo de pedra e o acondicionamento do chan que rodea todo o conxunto. Estas melloras teñen como obxectivo conservar este espazo tradicional e mellorar as súas condicións para veciños e visitantes.