Teatro Adamio leva a Pereiro de Aguiar o seu espectáculo ‘A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz’

OurenseXa
A representación, dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, será este venres
teatro-adamio-pereiro
5 May 2026

A compañía Teatro Adamio leva a Pereiro de Aguiar o seu espectáculo ‘A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz’, unha proposta de teatro de actores e obxectos dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos.

A función terá lugar este venres, 8 de maio, ás 18:30 horas no Auditorio dos Gozos. Trátase dunha tarde de teatro pensada para o desfrute en familia.

A actividade está promovida polo Concello do Pereiro de Aguiar en colaboración coa Deputación de Ourense, a través da Rede de Auditorios da Provincia de Ourense.

0.13032507896423