Teatro al Cubo chega esta tarde a Barbadás co seu espectáculo “De Vilatriste a Vilalagre”

OurenseXa
A representación, dirixida ao público infantil e familiar, terá lugar ás 21.00 horas no Parque dos Patos de A Valenzá
de-vilatriste-a-vilalegre-teatro-ao-cubo
13 Aug 2026

O programa “En Barbadás o Verán é Cultura” continúa este mes de agosto cunha nova proposta teatral. Este xoves, 13 de agosto, o grupo Teatro Al Cubo levará ao Parque dos Patos de A Valenzá o espectáculo “De Vilatriste a Vilalagre”.

A representación comezará ás 21.00 horas e combinará teatro e monicreques nunha proposta dirixida tanto ao público infantil como adulto.

A obra conta a historia de Trepas, un habitante de Vilatriste que se ve envolto inesperadamente nunha aventura para salvar a localidade das fauces dun dirixente malvado. Xunto a unha singular superheroína, descubrirá unha fórmula para enfrontarse ao seu inimigo, aínda que queda por descubrir se conseguirá funcionar.

“De Vilatriste a Vilalagre” é unha creación de Teatro Al Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego con motivo do seu 40 aniversario.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura de Barbadás e forma parte da programación cultural de verán do municipio.

0.13681721687317