Todo listo para a VI Festa da Xuventude de Amoeiro

Amoeiro acolle este venres a sexta edición da Festa da Xuventude, unha xornada festiva que terá lugar no Campo do Souto. O evento contará con actuacións musicais do Grupo La Bamba e de Marcos Kintana, que serán os encargados de amenizar a programación da xornada.
Ademais, haberá unha Cena da Xuventude, que inclúe un menú composto por empanada, churrasco mixto, pan, bica e café. O prezo do cuberto establécese en 15 euros, mentres que o acceso será gratuíto para menores de 12 anos.
A iniciativa está organizada pola Comisión de Festas Amoeiro 2026 e conta coa colaboración do Concello.