Todo listo para inaugurar a pista multideporte do Paseo dos Amieiros

OurenseXa
Estanse a realizar os últimos retoques das instalacións, que contan cunha superficie de 832 metros cadrados  
Paseo dos Amieiros
28 Xul 2024
En poucos días os veciños e veciñas de Barbadás poderán disfrutar da pista multideporte do Paseo dos Amieiros, unha zona en constante crecemento de poboación, segundo informan desde o Concello de Barbadás.
Durante as últimas semanas estanse a realizar os últimos retoques nunhas instalacións que contan cunha superficie de 832 metros cadrados  e que ofrecerán á mocidade un espazo de ocio seguro e comunicado coa zona verde do paseo fluvial.
0.18584394454956