Todo listo para unha nova edición de As Viñas Fest

San Cibrao das Viñas prepárase para unha nova edición de As Viñas Fest, que se celebra este sábado, 18 de abril, cun cartel de primeiro nivel.
A orquestra París de Noia, a Olympus, José de Rico, A Gramola e Groove Amigos son os artistas que actuarán nesta tercer edición do festival, que contará ademais con traccións e espazos de relax con mesas. A sesión de tarde comezará ás 19:00 horas e a festa non parará até as 04:00 horas da madrugada.
O festival está organizado polo Concello de San Cibrao das Viñas coa colaboración da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.