Toén acolle este sábado o último tramo do Rally de Ourense 2024

OurenseXa
As probas deste sábado pasarán polos concellos de Castro de Beiro, Amoeiro, Castello de Miño, Cartelle e Toén
Rally de Ourense 2024
15 Xuño 2024

A edición número 57 do Rallye de Ourense Recalvi arrancou este venres coas primeiras probas. Os pilotos percorrerán un total de 473,83 kilómetros, dos cales 159,48 serán tramos cronometrados.

As probas, que rematan este sábado, pasarán polos concellos de Castro de Beiro, cun tramo de 5,33 quilómetro e Amoeiro, cun tramo de 14,03 quilómetros. Ademáis, durante a xornada deste sábado tamén terá lugar a etapa máis longa da edición, cun percorrido de máis de 15 quilómetros entre Castelo de Miño e Cartelle.

O broche final terá lugar en Toén, que contará cun percorrido de caso nove quilómetros e medio e que contará con dúas pasadas: ás 11.55 horas e ás 17.3o horas.

0.15708994865417