Toén celebra o éxito d súa primeira festa do maior, que reuniu a máis de 300 persoas

OurenseXa
O acto contou coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, que puxo en valor este tipo de iniciativas para recoñecer o papel dos maiores na sociedade
festa-do-maior-de-toen
27 Apr 2026

O Concello de Toén celebrou este sábado, 25 de abril, a súa primeira Festa do Maior, unha celebración dirixida a maiores de 65 anos que resultou todo un éxito, logrando reunir a máis de 300 persoas no pavillón do CEIP Saco e Arce.

O evento combinou un acto relixioso, un xantar de confraternidade e actividades musicais, promovendo a convivencia e o recoñecemento á traxectoria vital deste colectivo.

Tratouse dunha xornada especial pensada para compartir e recoñecer o papel das persoas maiores e que contou co apoio da Deputación de Ourense, que quixo estar presente nesta primeira edición da man do seu presidente, Luis Menor, quen destacou “o exemplo de vida, forza e dignidade” das persoas maiores, destacando o seu papel esencial na construción da identidade e dos valores da provincia. Durante a súa intervención, o mandatario provincial reafirmou o compromiso da Deputación co “benestar das persoas maiores e co impulso de iniciativas que favorezan o encontro, a participación social e o recoñecemento público da súa contribución á comunidade”.

0.12197303771973