Toén celebrará a V Feira da Cervexa Artesá en Alongos o 6 de xuño

Toén acollerá unha nova edición da Feira da Cervexa Artesá, que chega xa á súa quinta convocatoria consolidada como unha das citas festivas do municipio. O evento terá lugar o vindeiro 6 de xuño na localidade de Alongos.
A xornada combinará cervexa artesá, gastronomía, música en directo e un ambiente festivo pensado para o desfrute da veciñanza e visitantes. Trátase dun encontro que tamén busca promover o produto local e dinamizar a vida social e económica do concello.
No apartado musical, o programa contará con actuacións en directo dos grupos Searas e Sublunar, que poñerán a banda sonora á celebración.
Desde a organización destacan que se trata dun plan pensado para dar a benvida ao bo tempo e gozar dunha xornada en compañía nun dos eventos máis destacados do calendario festivo de Toén.