Toén ten unha cita co motor o 18 de xullo na IX Concentración de Coches e Motos Clásicas

Toén acollerá o vindeiro sábado, 18 de xullo, a novena edición da Concentración de Coches e Motos Clásicas, unha cita dirixida aos afeccionados ao motor clásico que volverá reunir vehículos históricos e participantes nunha xornada de convivencia.
A programación arrancará coa recepción e inscrición dos participantes, paso previo ao inicio dunha ruta que incluirá unha parada antes do reagrupamento no campo da festa de Toén.
Tras o percorrido celebrarase a sesión vermú e, posteriormente, un xantar de confraternidade entre os asistentes. A xornada completarase con música a cargo dun DJ, diferentes sorteos e a entrega de premios ao vehículo máis antigo da concentración e ao que obteña a mellor valoración.