Trinta participantes do Campamento Urbano de Amencer descobren o patrimonio da Escola Provincial de Gaitas

OurenseXa
A visita ao Museo Internacional de Cornamusas permitiulles coñecer a historia da gaita e o labor formativo e cultural que desenvolve o centro dependente da Deputación de Ourense
foxo-campamento-urbano-amencer
5 Aug 2026

Trinta rapaces e rapazas do Campamento Urbano da Asociación Xuvenil Amencer participaron nunha actividade didáctica na Escola Provincial de Gaitas, onde tiveron a oportunidade de achegarse ao patrimonio musical que conserva esta institución dependente da Deputación de Ourense.

A xornada estivo guiada polo director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, quen ofreceu unha mostra didáctica dirixida aos participantes para darlles a coñecer diferentes aspectos relacionados coa gaita e co patrimonio que custodia o Museo Internacional de Cornamusas.

Durante a visita, os asistentes coñeceron de primeira man o traballo formativo e cultural que desenvolve a Escola Provincial de Gaitas, así como o labor de conservación e difusión que realiza a través do museo.

A actividade permitiulles descubrir a historia, a diversidade e as características deste instrumento tradicional, ademais de profundar na súa relevancia como un dos principais símbolos da identidade musical e cultural de Galicia.

 

 

0.13548803329468