Últimos días para inscribirse no Campamento de Verán de Xunqueira de Ambía

O Concello de Xunqueira de Ambía lembra que está a piques de pechar o prazo de inscrición para o Campamento de Verán, unha actividade de carácter gratuíto dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
O campamento dará comezo o 1 de xullo e desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, habilitarase un servizo de atención temperá entre as 8:00 e as 9:00 horas para facilitar a conciliación das familias.
O Concello sinala que, en función da demanda, poderíase ampliar a actividade tamén á primeira semana de setembro.
As inscricións deben realizarse nas oficinas municipais ou a través da Sede Electrónica, e non se admitirán solicitudes enviadas por correo electrónico. Terán prioridade os nenos e nenas empadroados no municipio, así como o alumnado do CEIP Padre Crespo.