Un equipo do campus de Ourense compite na XtraChallenge de Valencia co seu novo dron

OurenseXa
O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia logo de participar na Air Cargo Challenge 2024 de Alemaña
Membros do equipo Aerotech
27 Xul 2024

Despois de participar na Air Cargo Challenge 2024 de Alemaña, o equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech, formado por alumnado das escolas de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e de Enxeñaría Informática, compite esta semana na XtraChallenge de Valencia. Nesta ocasión faino cunha adaptación do seu novo dron, MIR-10, estreado con bos resultados na citada competición alemana.

A XtraChallenge, é unha competición española universitaria de aeromodelismo, concretamente de transporte de carga con drons de á fixa, creada en 2022 por estudantes da Universitat Politècnica de València (UPV), do equipo Xtra2 UPV. A cita xurdiu co propósito de animar ao alumnado estatal a deseñar, construír e pilotar aeronaves radiocontrol desde unha perspectiva de enxeñaría. O certame está baseado na Air Cargo Challenge (ACC).

0.12340116500854