Un estudante propón unha pasarela baixo o viaduto ferroviario de Ourense para mellorar a conexión sobre o Miño

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a Raúl García, estudante de Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil en Santiago de Compostela, quen lle presentou unha proposta conceptual para a creación dunha pasarela peonil e ciclista baixo o viaduto ferroviario da cidade.
A iniciativa, que nace como un traballo académico, ten como finalidade mellorar a conexión entre as dúas marxes do río Miño e contribuír á posta en valor deste espazo urbano, segundo explicou o propio autor do proxecto.
O rexedor municipal valorou positivamente a proposta presentada polo estudante e anunciou que remitirá o traballo ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, ao tratarse dunha infraestrutura vinculada a competencias estatais.