Un integrante do Ourense Judo Club Marbel vén de ascender a Cinto Negro

OurenseXa
Guillermo Areas Xara superou con éxito o seu exame de ascenso a Cinto Negro 1º Dan na modalidade de Judo
Areas-Ourense-Judo-Club-Marbel-cinto-negro
20 Aug 2024

O integrante do Ourense Judo Club Marbel, Guillermo Areas Xara, superou con éxito o seu exame de ascenso a Cinto Negro 1º Dan na modalidade de Judo ante o tribunal da Federación galega de Judo e Deportes Asociados na convocatoria desenvolvida nas instalacións do colexio Liceo A Paz (Coruña).

O exame consistiu nunha demostración de coñecementos teóricos e exhibición de movementos técnicos individuais (katas).

Parte fundamental do éxito dos candidatos foi a axuda dos seus compañeiros para realizar as técnicas. En Judo e Jiu Jitsu denomínaselles ‘uke’: Guillermo Areas contou coa achega de Adriel Puga Da Silva, cumprindo un dos principios fundamentais do Judo, o ‘Jita Kyoei’ (“axuda e prosperidade mútua”).

Os Mestres 8º Dan Manuel Montero, 4º Dan Felipe Iglesias e 3º Dan Anita Fernández, celebraron cos judokas o logro. Areas culmina unha excelente tempada, con varias medallas en campionatos nacións e a súa primeira participación no Europeo Junior de Jiu Jitsu.

0.16429495811462