Unha trintena de nenos e nenas participaron en Ourense no Aldaba-TIC Camp

OurenseXa
Trátase dun campus tecnolóxico de verán con perspectiva de xénero posto en marcha pola Cátedra Aldaba
Aldaba-TIC Camp
30 Xuño 2024

A Escola Superior de Enxeñaría Informática acolleu esta semana a segunda edición da Aldaba-TIC Camp, o campus tecnolóxico de verán con perspectiva de xénero posto en marcha pola Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business.

O curso contou coa participación de 30 nenos e nenas que participaron nunha “Misión nas Profundidades” onde aprenderán sobre novas tecnoloxías dun xeito lúdico. Desde a organización destacan que a cita contou cun 80% de presenza feminia.

A cátedra é unha iniciativa conxunta das universidades de Vigo e A Coruña e da empresa Aldaba e o campamento contou co apoio da Escola Superior de Enxeñaría Informática e o patrocinio do Consello Social da UVigo.

0.19759583473206