'Vaiana, o musical' chega a Ourense o 25 de maio

OurenseXa
A función será o sábado, 25 de maio, ás 17.00 horas no Auditorio Municipal de Ourense
vaiana-musicall
'Vaiana' o Musical
4 may 2024

"Vaiana, o Musical", chega ao Auditorio Municipal de Ourense o sábado 25 de maio, cunha función ás 17.00 horas destinada aos máis cativos. Un musical totalmente novo e orixinal que conta a entrañable historia da entusiasta Vaiana.

Sinopse

A entusiasta Vaiana está destinada a converterse algún día na xefa da illa de Motonui. Cando os aldeáns non poden pescar ningún peixe e todas as colleitas fallan, Vaiana descobre que o semidiós Maui causou o infortunio despois de roubar o corazón da deusa Che Fiti. A única forma de salvar o destino da illa é penetrarse no océano e atopar a Maui para que lle devolva o corazón de Che Fiti. Vaiana, xunto ao seu inseparable compañeiro Heihei, emprenderá unha viaxe para salvar á súa aldea, aconsellada pola súa querida e sabia avoa Talla, conectada sempre con ela e co océano.