Veciñas de Allariz participaron nunha nova sesión do programa “Cafés en igualdade”

OurenseXa
A actividade contou coa participación da psicóloga Soraya Rial e xirou arredor da importancia de construír vínculos baseados no bo trato, a autonomía persoal e o respecto mutuo
cafes-en-igualdade-allariz
27 Apr 2026

O pasado venres, o local Farruco a Fábrica acolleu unha nova sesión do programa “Cafés en igualdade”, un encontro centrado na reflexión e na aprendizaxe colectiva arredor das relacións persoais e da convivencia.

A actividade contou coa participación da psicóloga Soraya Rial, coa que as persoas asistentes dialogaron sobre a importancia de construír vínculos baseados no bo trato, a autonomía persoal e o respecto mutuo, baixo o lema “Raíces e ás”.

A iniciativa enmárcase nun espazo de intercambio e sensibilización que busca promover relacións máis saudables dentro da comunidade. Desde a organización agradecen a participación e destacan o carácter enriquecedor do encontro, subliñando a continuidade deste tipo de actividades no municipio.

0.13225889205933