Veciños centro celebraron unha xornada centrada na música e a poesía

A Praza da Ferrería encheuse de actividade na tarde deste venres cun acto cultural organizado pola Agrupación Miño en colaboración coa Asociación Veciñal Loureiro e o Círculo Poético Ourensán.
A iniciativa combinou distintas actuacións de música tradicional, con pezas de gaita e pandeireta, xunto con recitais de poesía en galego, nun encontro que reuniu a veciñas e veciños de diferentes barrios da cidade.
O evento serviu tamén para fomentar espazos de convivencia veciñal e contribuír á dinamización da nova sede da Agrupación Miño, situada desde hai uns meses no Espazo Veciñal Casa da Maxia.