Verea celebra en Bangueses unha nova edición da ruta de sendeirismo polos seus fornos tradicionais

OurenseXa
A andaina, de dificultade intermedia, terá lugar o 12 de outubro e incluirá degustación de pincho de carne con pan recén cocido e xantar ao rematar o percorrido
concello-de-verea
28 Sep 2026

A parroquia de Bangueses, no municipio ourensán de Verea, celebrará o vindeiro 12 de outubro a cuarta edición da 'Ruta dos Fornos Bangueses', unha proposta que combina sendeirismo e gastronomía tradicional.

A actividade comezará ás 09.30 horas na propia localidade de Bangueses. Trátase dun percorrido de dificultade intermedia, pensado para quen goza de camiñar polo contorno rural e quere coñecer de preto este recuncho da provincia.

Un dos atractivos da xornada é que os participantes poderán degustar, durante a marcha, un pincho de carne acompañado de pan recén feito nos fornos da zona. Ademais, unha vez rematada a andaina, quen o desexe poderá compartir un xantar.

Prezos

Os organizadores fixaron un prezo de 5 euros para participar na andaina e de 15 euros para o xantar. Os nenos de ata 6 anos poderán participar de forma gratuíta.

Como inscribirse

O prazo de inscrición xa está aberto. Para apuntarse á andaina, hai que facelo a través da páxina web https://www.conocegalicia.es/.

No caso do xantar, as inscricións pódense formalizar en varios puntos da localidade e do seu contorno: o Concello de Verea, a Farmacia de Verea e o Local Social de Bangueses.

A iniciativa está organizada coa participación da Deputación de Ourense e Inorde.

0.16844701766968