Verea finaliza as obras de mellora na área recreativa da Ascensión

OurenseXa
O Concello completou a última fase da actuación, centrada na iluminación do espazo, que se suma ao patrimonio natural e relixioso da parroquia
melloras área recreativa Verea
Foto: Concello de Verea
4 Nov 2026

O Concello de Verea deu por concluídas as obras de mellora na área recreativa da Ascensión, situada na parroquia de Gontán. A actuación, que se desenvolveu durante as últimas semanas, rematou coa fase correspondente á renovación da iluminación do espazo, o último traballo pendente dentro deste proxecto de mellora.

Con esta intervención, o consistorio pon punto final a unha actuación que busca poñer en valor un dos enclaves recreativos do municipio, dotándoo de mellores condicións para o seu uso e desfrute por parte dos veciños e visitantes.

A zona da Ascensión atópase ademais rodeada dun contorno de interese patrimonial. Nas proximidades da área recreativa poden visitarse unha capela e un sarcófago, xunto con representacións das once igrexas que conforman a parroquia, acompañadas do seu correspondente retablo. Este conxunto, enmarcado nunha paisaxe natural, constitúe unha mostra representativa do patrimonio histórico e relixioso co que conta o Concello de Verea.

0.16042113304138